A data de redactar este manifesto, 68 mulleres e 2 nenas foron asasinadas en 2025. Xa son 2.094 os femi- nicidios documentados no Estado español desde que existen rexistros (2003). Non son só cifras: son vidas arrebatadas, vítimas que seguen aumentando día a día.

Actualmente, máis de 105.000 casos activos están baixo protección no sistema VioGén, con miles de mulle- res e menores aínda en situación de vulnerabilidade. Detrás de cada dato hai vidas e historias que nos inter- pelan. Cada feminicidio é unha alerta ignorada, unha vida arrebatada pola neglixencia institucional e social.

As violencias machistas son estruturais e adoptan múltiples formas. Unha das máis crueis é a violencia vicaria, utilizada como castigo e control a través do dano ás crianzas ou persoas queridas. Urxe garantir a protección real da infancia e o seu dereito a ser escoitada, situando sempre o seu benestar no centro. A súa protección non pode depender de vontades individuais, senón de políticas públicas firmes, con recursos suficientes e enfoque feminista.

Basta xa de revictimizalas! A responsabilidade é dos que as deixan desamparadas, a mercé dos seus agreso- res, e dos que calan ou miran para outro lado.

As violencias interseccionais golpean con máis forza a quen o sistema patriarcal e capitalista volve aínda máis vulnerables: mulleres migrantes, racializadas, LGTBIQA+, con corpos non normativos, maiores, con disca- pacidade ou en situación de dependencia, así como mulleres coidadoras, que tamén enfrontan cada día a violencia en todas as súas formas (tamén a institucional).

Facer visibles estas realidades e actuar desde unha perspectiva inclusiva e transformadora non é unha opción:

é unha necesidade. A interseccionalidade é chave para construír respostas que non deixen a ninguén atrás.

Desde CGT denunciamos a violencia institucional que revitimiza, invisibiliza ou desatende. As institucións que deberían garantir dereitos se converten en axentes de exclusión, afondando a precariedade e a exposición a outras violencias.

Centrar o foco nas vítimas non funcionou: poñámolo nos agresores. A eles debe dirixirse a denuncia social, a culpa e a vergoña.

Reclamamos recursos públicos, formación feminista, acompañamento integral e autonomía real para todas as persoas que sobreviven á violencia. E esiximos que a educación e a formación sexan pilares fundamentais de calquera política pública contra as violencias machistas.

A violencia machista tamén se reinventa nas redes sociais, reproducindo entre a xente nova os mesmos pa- tróns de dominación e asoballamento. O acoso, a vixilancia e a humillación dixitais son novas formas de control patriarcal que reforzan a desigualdade. A exposición constante a contidos machistas, ao culto ó corpo e a vidas irreais amplifica a mensaxe de violencia, subordinación e unha utopía reaccionaria disfrazada de elección.

Esiximos unha resposta colectiva: prevención real, educación afectivo-sexual e alfabetización dixital con perspectiva feminista para desmontalas, e que as plataformas dixitais asuman a súa responsabilidade fronte a estas violencias.

As guerras e os xenocidios, como o que sofre o pobo palestino, así como os desprazamentos forzados, son expresións extremas da violencia patriarcal, capitalista e colonial. Non pode haber paz sen xustiza feminista.

Reivindicamos a fin de todas as formas de violencia:

  • Laboral, que nos explota e precariza, negando dereitos e conciliación.
  • Sexual, que nos agrede e cosifica, normalizando o abuso.
  • Sanitaria, que ignora as nosas necesidades e decisións.
  • Xudicial, que cuestiona ás vítimas, revitimiza e favorece a impunidade.
  • Económica, que sostén a dependencia e a feminización da pobreza.
  • Vicaria, que utiliza as crianzas e os afectos como armas.
  • Institucional, que falla en previr, protexer, reparar e garantir.

A culpa e a vergoña deben cambiar de banda. Non calar, non mirar para outro lado. A responsabilidade é

colectiva: o silencio tamén é complicidade.

O 25N non é só unha data: é unha loita que sostemos decote, en cada barrio, en cada centro de traballo e en cada espazo de vida.

Desde CGT mantemos viva a denuncia o ano todo, difundindo cada feminicidio, cada asasinato, cada historia que o sistema tenta borrar.

Porque mentres haxa unha soa persoa ameazada, non haberá xustiza nin liberdade. O teu silencio faite cómplice. Non is violencias machistas.